Caldo con unto e Contos de Difuntos

Caldo con unto e Contos de defuntos

Duración

60 minutos

Público

+13 anos

Rider técnico

Micrófono

Amplificación

Luz de sala

Caldo con unto e Contos de difuntos é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos de tradición oral e anécdotas recollidas por terras abadinenses.

Trata a temática do Alén e do que ocorre nese terreo que nunca pisamos ata que chega o momento da viaxe sen retorno.

Recolle historias da Santa Compaña, agoiros de morte, aventuras no camposanto e contos de ánimas que ignoran o “non retorno” e regresan ao mundo dos vivos para resolver asuntos de máis ou menos importancia. Todo isto acompañado con un toque de humor porque todos sabemos que o humor e a morte sempre combinaron ben.

Contratar Consultar datas

outras contadas

Contos Erósticos

Contos erósticos

Calabobos

Calabobos

Sentido común

Sentido Común

Costureiras

Costureiras

separador