Costureiras

Costureiras

Con

Caxoto

Duración

75 minutos

Público

+13 anos

Rider técnico

Microfonía

Amplificación

Luz de sala

Costureiras é un espectáculo de narracion oral a dúas bandas entre unha abadinesa afincada en Compostela e un cervense afincado na Coruña. Unha conversa desnortada de dous norteños: Ángeles Goás e Felipe Díaz (Caxoto).

Dende os recordos da infancia, dende as historias recollidas, dende a mirada actual da narración oral, … estes dous narradores comezan unha viaxe onde os contos se preguntan e responden a si mesmos.

A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a súa labor. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas cargaban a máquina de coser e, debaixo da máquina, mil cousas que pensar… mil cousas que contar.

Un diálogo entre 2 namorados da palabra contada e o público, onde o tempo pasa sen deixarse sentir…. entre puntada e puntada, cosendo un espectáculo a partires de retais de vida.

Contratar Consultar datas

outras contadas

Caldo con unto e Contos de defuntos

Caldo con unto e Contos de Difuntos

O medo é libre

O medo é libre

Contos para celebrar as Letras

Calabobos

Calabobos

separador