E ti de quen ves sendo? Contos e comenencias.

DURACIÓN

60 minutos

PÚBLICO

Adulto

RIDER TÉCNICO

Microfonía

Amplificación

Luz de sala

Ángeles Goás e Caxoto son irmáns nisto dos contos e, por iso, cando se xuntan enriba dun escenario escoitalos é coma estar na casa.

Xuntos van desgranando unha función de contos co ritmo, o tono e a retranca dunha dobre sobremesa no día da festa. Sen deixar títere con cabeza, contando traxedias e comedias por igual… nese máxico momento entre cafés de pota, licores o o último anaco de milfollas que hai que comer… que non o imos deixar perder!

Despois de percorrer Galicia contándonos “Costureiras”, Ángeles Goás e Caxoto voltan aos escenarios con este exercicio de oralidade onde mesturan cantigas, contos, sucesos… e algunha que outra picardía

Contratar Consultar datas

outras contadas

Caldo con unto e Contos de defuntos

Caldo con unto e Contos de Difuntos

O medo é libre

O medo é libre

Contos colorados: en boca de muller.

As fames contadas

As fames contadas

separador